Moitos de vós xa coñecedes as mascotas da biblio,
levan connosco dende decembro pero... aínda non teñen nome definitivo!!!!
Animádevos a deixar as vosas suxestións na biblio para que o vindeiro curso
teñan nome.
Grazassssssssssss.
Moitos de vós xa coñecedes as mascotas da biblio,
levan connosco dende decembro pero... aínda non teñen nome definitivo!!!!
Animádevos a deixar as vosas suxestións na biblio para que o vindeiro curso
teñan nome.
Grazassssssssssss.
Os exemplares de Faro da escola á imprenta, entre eles o noso. Unha vez máis o profe José, xunto cos alumnos de 5º e 6º de primaria, elaborou o Faro da Escola deste ano.
Desexamos que vos guste, en breve, teremos exemplares no cole!
Que nervios!
A orixe do
caligrama remóntase á Antigüidade clásica (século III a.C.), pero en galego a
súa popularización chegou da man da poesía de vangarda do século XX, impulsada
polo francés Guillaume Apollinaire en 1918. O autor máis destacado en
integrar e adaptar esta técnica á literatura galega foi Álvaro Cunqueiro.
Os recreos na biblioteca están cheos de creatividade grazas ao obradoiro de lettering, no que participa o alumnado de Primaria. Pouco a pouco, van descubrindo técnicas para crear letras bonitas e orixinais, practicando trazos, formas e combinacións con moita ilusión. ❤
Entre rotuladores, cores 🌈 e ganas de aprender, están a dar os seus primeiros pasos nesta disciplina artística, mellorando a súa concentración, a súa paciencia e a súa creatividade. Ademais, nesta aprendizaxe, contan tamén coa axuda das compañeiras de sexto curso, que os acompañan e orientan en cada sesión. Dá gusto ver o entusiasmo co que participan e como aprenden uns dos outros mentres desenvolven a súa creatividade. ✏️
Como ven sendo costume, os nosos colaboradores de biblioteca de 5º e 6º de primaria déixanvos as súas recomendacións de lectura para esta semana, esperamos que vos gusten. Os máis peques, os tedes na cesta, os máis maiorciños, no estante: "Érase unha vez..."
1. Breve biografía.
2. Imaxe.
3. Obras máis importantes.
4. Premios acadados.
5. Breve texto do autor e comentario do mesmo.
6. Curiosidades.
7. Que lles chamou a atención?
Este foi o resultado. Animádevos a velos, están no corredor da biblioteca e, de paso, podedes coller algunha das súas obras.