Seguidores

martes, 21 de abril de 2026

Renovamos a nosa biblioteca.

    Antes das vacacións de Semana Santa decidimos que xa era o momento de renovar a nosa biblioteca para facela máis accesible para todos. A idea que se nos ocorreu, aproveitando os recursos dos que xa dispoñiamos, foi baixar as estanterías máis altas, reorganizar as existentes, pintar de novo as paredes e redistribuír as mesas. Aínda que poidan parecer cambios sinxelos, o resultado foi unha transformación moi significativa.


    Todo este proceso implicou tamén recolocar os ordenadores, os libros, os xogos e o resto do mobiliario. O máis importante é que, dende entón, aumentou considerablemente o número de alumnos e alumnas que acoden á biblioteca para estudar, botar unha ollada, ler, pasar un intre tranquilo en compañía dos libros ou xogar.

    Deixámosvos a continuación unhas imaxes do antes e do despois.

ANTES:   

DESPOIS:


A cesta das historias