mércores, 3 de xuño de 2026

As mascotas da biblio precisan nome !!!!!!!!

 

  

Moitos de vós xa coñecedes as mascotas da biblio, levan connosco dende decembro pero... aínda non teñen nome definitivo!!!! Animádevos a deixar as vosas suxestións na biblio para que o vindeiro curso teñan nome. 

     Grazassssssssssss.


Faro da escola 25-26

 


    Os exemplares de Faro da escola á imprenta, entre eles o noso. Unha vez máis o profe José, xunto cos alumnos de 5º e 6º de primaria, elaborou o Faro da Escola deste ano. 

    Desexamos que vos guste, en breve, teremos exemplares no cole!

    Que nervios! 

    Ligazón

Caligramas en galego 4º ESO

     


        Os alumnos de 4º ESO, como xa ven sendo tradición, elaboraron coa axuda da profe Isabel uns belos caligramas.

        Para os máis despistados un caligrama é un escrito, polo xeral poético, cuxa disposición tipográfica esboza figuras alusivas ó tema tratado (DRAE).

        Tédelos expostos no taboleiro da biblioteca, aí podedes lelos moito mellor.

        A orixe do caligrama remóntase á Antigüidade clásica (século III a.C.), pero en galego a súa popularización chegou da man da poesía de vangarda do século XX, impulsada polo francés Guillaume Apollinaire en 1918. O autor máis destacado en integrar e adaptar esta técnica á literatura galega foi Álvaro Cunqueiro.


venres, 29 de maio de 2026

Recreos e lettering na biblioteca.

      Os recreos na biblioteca están cheos de creatividade grazas ao obradoiro de lettering, no que participa o alumnado de Primaria. Pouco a pouco, van descubrindo técnicas para crear letras bonitas e orixinais, practicando trazos, formas e combinacións con moita ilusión. ❤

    Entre rotuladores, cores 🌈 e ganas de aprender, están a dar os seus primeiros pasos nesta disciplina artística, mellorando a súa concentración, a súa paciencia e a súa creatividade. Ademais, nesta aprendizaxe, contan tamén coa axuda das compañeiras de sexto curso, que os acompañan e orientan en cada sesión. Dá gusto ver o entusiasmo co que participan e como aprenden uns dos outros mentres desenvolven a súa creatividade. ✏️





xoves, 28 de maio de 2026

Maio na biblio.

    Este mes está a ser moi productivo na biblio, os nenos veñen a ler, a xogar, catalogan as novidades, acoden aos talleres, ordean alfabéticamente, propoñen actividades, fan as tarefas de clase ... Hai espazo para todo, para mostra, estas fotos: 





Recomendacións de lectura 29-05-26.

     Como ven sendo costume, os nosos colaboradores de biblioteca de 5º e 6º de primaria déixanvos as súas recomendacións de lectura para esta semana, esperamos que vos gusten. Os máis peques, os tedes na cesta, os máis maiorciños, no estante: "Érase unha vez..."






LITERATURA HISPANOAMERICANA.


    Para rematar este curso escolar, os alumnos de 4º da ESO, fixéronlle una pequena homenaxe aos autores a literatura hispanoamericana, coa axuda da información da que dispoñen na bilbioteca, tanto material como dixital, elaborárono, tocando os seguites puntos:

        1. Breve biografía.

        2. Imaxe.

        3. Obras máis importantes.

        4. Premios acadados.

        5. Breve texto do autor e comentario do mesmo.

        6. Curiosidades.

        7. Que lles chamou a atención?

    Este foi o resultado. Animádevos a velos, están no corredor da biblioteca e, de paso, podedes coller algunha das súas obras.





HAIKUS

     Os alumnos de 3º da ESO, na materia de lingua galega e literatura, elaboraron Haikus.

    Queres saber máis?

     O Haiku é unha composición de orixe xaponesa que consta de e versos de 5, 7 e 5 sílabas. A temática é sempre a natureza e as estacións do ano. Vai normalmente acompañada dun debuxo acorde co tema do poema.

     Este foi o resultado. Animádevos a velos, están no corredor da biblioteca.



A nosa CDU

 Esta é a nosa CDU. 

    Atoparala ao entrar na biblioteca a man dereita pero, que é a CDU?

    A CDU é un sistema de clasificación universal desenvolvido a partires da Clasidicación Decimal de Dewey, que data de finais do século XIX:

- Abarca todos os ámbitos de coñecemento.

- Sistematiza xerarquicamente do xeral ao particular.

- Emprega a numeración para identificar as fontes polo que pode ser comprendido por todos os usuarios.

- Divide os coñecementos en dez grupos ou seccións que á súa vez se subdividen noutros dez grupos e estes noutros dez...

- Cada un dos dez grupos identifícase cun díxito e subdivídese en dez grupos identificados por dous díxitos e así sucesivamente. Cantos máis díxitos se empregan, máis específica é a clasificación.

    Na nosa biblioteca escolar empregaremos o menor número de díxitos posible, para facilitar a busca dos exemplares.

    Cada un dos nosos documentos levará na parte exterior (nos libros, na parte inferior do lombo) unha etiqueta ou signatura topográfica (tejuelo), que indica o lugar da biblioteca no que se pode localizar.

    Este identificativo aporta a seguinte información:

        1. O número correspondente a CDU         82N      82 LITERATURA N narrativa.

                                                                    59        59 ANIMAIS.

        2. As tres primeiras letrs do primeiro apelido do autor en maiúscula: AUT

                                                                                        Se é anónima: ANÓ

        3. As tres primeiras letras do título (excluíndo os artigos, as preposicións curtas e as contraccións) en minúsculas:                                                   tít


    Veríamos a sinatura así :     82N

                                              AUT

                                               tít

    Se non es capaz ti só, pìde axuda os colaboradores da biblio ou os profes. Feliz lectura!

Carné de colaborador da biblioteca.

    Para todos aqueles que non o sabedes, temos alumnos que colaboran co bo funcionamento da biblioteca de maneira voluntaria, se vos apetece só tendes que achegar a vosa proposta a algún dos profes encargados da biblioteca: Olalla, José, Miriam ou Tania, eles indicaranvos as tarefas nas que podedes colaborar... incluso podedes chegar a ser profes dalgún dos nosos talleres. Animádesvos?

    Cando o consigades teredes un carné especial, non de usuario, senón de colaborador.

    Moitas grazas a todos os colaboradores que temos ata o dagora, sen vós isto sería moito máis complicado.




Regras da BIBLO!

 






martes, 26 de maio de 2026

Os puntiños de cores na bilio. Cal é o significado?

 


    
        Recordade, as cores non son fronteiras, soamente guía!

Creatividade literaria.

    Este ano, unha vez máis os nenos de 6º P, participan na proposta "FARO DA ESCOLA" de Faro de Vigo, o xornal máis antigo de España que continúa publicándose. Foi fundado o 3 de novembro de 1853 na cidade de Vigo, inicialmente como un boletín dedicado á información marítima e comercial do porto. Agora ten propostas didácticas tan interesantes como esta, na que participan moitos colexios, entre eles, o noso, que leva participando dende o curso 2019-2020 e ten acadado varios premios.

    Esta é a seccióncreatividade literaria deste ano, elaborada polos nosos alumnos, podedes lela con comodidade na seguinte ligazón:  

Faro da escola, creatividade.pdf 



"Algo extraño me pasó". Bruno Mosquera 1º ESO.

    O noso alumno Bruno Mosquera, de 1.º da ESO, escribiu e ilustrou —coa axuda da IA e, no primeiro capítulo, do seu compañeiro Martín Sáenz— os seguintes capítulos do que será o seu primeiro libro, Algo extraño me pasó.

    Trátase dunha apaixonante aventura de misterio inspirada na serie Stranger Things, pero ambientada no noso colexio e protagonizada polos nosos profesores e alumnos.

    Xa está dispoñible, para todas as persoas interesadas, na biblioteca e, se preferides lela en liña, só tendes que escanear o siguiente código QR: 

     Esperamos que vos guste moito!


   Moitísimas grazas, Bruno. Estamos desexando ler o capítulo 3!




martes, 21 de abril de 2026

Renovamos a nosa biblioteca.

    Antes das vacacións de Semana Santa decidimos que xa era o momento de renovar a nosa biblioteca para facela máis accesible para todos. A idea que se nos ocorreu, aproveitando os recursos dos que xa dispoñiamos, foi baixar os estantes máis altos, reorganizar as existentes, pintar de novo as paredes e redistribuír as mesas. Aínda que poidan parecer cambios sinxelos, o resultado foi unha transformación moi significativa.


    Todo este proceso implicou tamén recolocar os ordenadores, os libros, os xogos e o resto do mobiliario. O máis importante é que, dende entón, aumentou considerablemente o número de alumnos e alumnas que acoden á biblioteca para estudar, botar unha ollada, ler, pasar un intre tranquilo en compañía dos libros ou xogar.

    Deixámosvos a continuación unhas imaxes do antes e do despois.

ANTES:   

DESPOIS:


Entradas populares!