venres, 29 de maio de 2026

Recreos e lettering na biblioteca.

      Os recreos na biblioteca están cheos de creatividade grazas ao obradoiro de lettering, no que participa o alumnado de Primaria. Pouco a pouco, van descubrindo técnicas para crear letras bonitas e orixinais, practicando trazos, formas e combinacións con moita ilusión. ❤

    Entre rotuladores, cores 🌈 e ganas de aprender, están a dar os seus primeiros pasos nesta disciplina artística, mellorando a súa concentración, a súa paciencia e a súa creatividade. Ademais, nesta aprendizaxe, contan tamén coa axuda das compañeiras de sexto curso, que os acompañan e orientan en cada sesión. Dá gusto ver o entusiasmo co que participan e como aprenden uns dos outros mentres desenvolven a súa creatividade. ✏️





xoves, 28 de maio de 2026

Maio na biblio.

    Este mes está a ser moi productivo na biblio, os nenos veñen a ler, a xogar, catalogan as novidades, acoden aos talleres, ordean alfabéticamente, propoñen actividades, fan as tarefas de clase ... Hai espazo para todo, para mostra, estas fotos: 





Recomendacións de lectura 29-05-26.

     Como ven sendo costume, os nosos colaboradores de biblioteca de 5º e 6º de primaria déixanvos as súas recomendacións de lectura para esta semana, esperamos que vos gusten. Os máis peques, os tedes na cesta, os máis maiorciños, no estante: "Érase unha vez..."






LITERATURA HISPANOAMERICANA.


    Para rematar este curso escolar, os alumnos de 4º da ESO, fixéronlle una pequena homenaxe aos autores a literatura hispanoamericana, coa axuda da información da que dispoñen na bilbioteca, tanto material como dixital, elaborárono, tocando os seguites puntos:

        1. Breve biografía.

        2. Imaxe.

        3. Obras máis importantes.

        4. Premios acadados.

        5. Breve texto do autor e comentario do mesmo.

        6. Curiosidades.

        7. Que lles chamou a atención?

    Este foi o resultado. Animádevos a velos, están no corredor da biblioteca e, de paso, podedes coller algunha das súas obras.





HAIKUS

     Os alumnos de 3º da ESO, na materia de lingua galega e literatura, elaboraron Haikus.

    Queres saber máis?

     O Haiku é unha composición de orixe xaponesa que consta de e versos de 5, 7 e 5 sílabas. A temática é sempre a natureza e as estacións do ano. Vai normalmente acompañada dun debuxo acorde co tema do poema.

     Este foi o resultado. Animádevos a velos, están no corredor da biblioteca.



A nosa CDU

 Esta é a nosa CDU. 

    Atoparala ao entrar na biblioteca a man dereita pero, que é a CDU?

    A CDU é un sistema de clasificación universal desenvolvido a partires da Clasidicación Decimal de Dewey, que data de finais do século XIX:

- Abarca todos os ámbitos de coñecemento.

- Sistematiza xerarquicamente do xeral ao particular.

- Emprega a numeración para identificar as fontes polo que pode ser comprendido por todos os usuarios.

- Divide os coñecementos en dez grupos ou seccións que á súa vez se subdividen noutros dez grupos e estes noutros dez...

- Cada un dos dez grupos identifícase cun díxito e subdivídese en dez grupos identificados por dous díxitos e así sucesivamente. Cantos máis díxitos se empregan, máis específica é a clasificación.

    Na nosa biblioteca escolar empregaremos o menor número de díxitos posible, para facilitar a busca dos exemplares.

    Cada un dos nosos documentos levará na parte exterior (nos libros, na parte inferior do lombo) unha etiqueta ou signatura topográfica (tejuelo), que indica o lugar da biblioteca no que se pode localizar.

    Este identificativo aporta a seguinte información:

        1. O número correspondente a CDU         82N      82 LITERATURA N narrativa.

                                                                    59        59 ANIMAIS.

        2. As tres primeiras letrs do primeiro apelido do autor en maiúscula: AUT

                                                                                        Se é anónima: ANÓ

        3. As tres primeiras letras do título (excluíndo os artigos, as preposicións curtas e as contraccións) en minúsculas:                                                   tít


    Veríamos a sinatura así :     82N

                                              AUT

                                               tít

    Se non es capaz ti só, pìde axuda os colaboradores da biblio ou os profes. Feliz lectura!

Carné de colaborador da biblioteca.

    Para todos aqueles que non o sabedes, temos alumnos que colaboran co bo funcionamento da biblioteca de maneira voluntaria, se vos apetece só tendes que achegar a vosa proposta a algún dos profes encargados da biblioteca: Olalla, José, Miriam ou Tania, eles indicaranvos as tarefas nas que podedes colaborar... incluso podedes chegar a ser profes dalgún dos nosos talleres. Animádesvos?

    Cando o consigades teredes un carné especial, non de usuario, senón de colaborador.

    Moitas grazas a todos os colaboradores que temos ata o dagora, sen vós isto sería moito máis complicado.




Regras da BIBLO!

 






martes, 26 de maio de 2026

Os puntiños de cores na bilio. Cal é o significado?

 


    
        Recordade, as cores non son fronteiras, soamente guía!

Creatividade literaria.

    Este ano, unha vez máis os nenos de 6º P, participan na proposta "FARO DA ESCOLA" de Faro de Vigo, o xornal máis antigo de España que continúa publicándose. Foi fundado o 3 de novembro de 1853 na cidade de Vigo, inicialmente como un boletín dedicado á información marítima e comercial do porto. Agora ten propostas didácticas tan interesantes como esta, na que participan moitos colexios, entre eles, o noso, que leva participando dende o curso 2019-2020 e ten acadado varios premios.

    Esta é a seccióncreatividade literaria deste ano, elaborada polos nosos alumnos, podedes lela con comodidade na seguinte ligazón:  

Faro da escola, creatividade.pdf 



"Algo extraño me pasó". Bruno Mosquera 1º ESO.

    O noso alumno Bruno Mosquera, de 1.º da ESO, escribiu e ilustrou —coa axuda da IA e, no primeiro capítulo, do seu compañeiro Martín Sáenz— os seguintes capítulos do que será o seu primeiro libro, Algo extraño me pasó.

    Trátase dunha apaixonante aventura de misterio inspirada na serie Stranger Things, pero ambientada no noso colexio e protagonizada polos nosos profesores e alumnos.

    Xa está dispoñible, para todas as persoas interesadas, na biblioteca e, se preferides lela en liña, só tendes que escanear o siguiente código QR: 

     Esperamos que vos guste moito!


   Moitísimas grazas, Bruno. Estamos desexando ler o capítulo 3!




Entradas populares!