Este ano, unha vez máis os nenos de 6º P, participan na proposta "FARO DA ESCOLA" de Faro de Vigo, o xornal máis antigo de España que continúa publicándose. Foi fundado o 3 de novembro de 1853 na cidade de Vigo, inicialmente como un boletín dedicado á información marítima e comercial do porto. Agora ten propostas didácticas tan interesantes como esta, na que participan moitos colexios, entre eles, o noso, que leva participando dende o curso 2019-2020 e ten acadado varios premios.
Esta é a seccióncreatividade literaria deste ano, elaborada polos nosos alumnos, podedes lela con comodidade na seguinte ligazón:
Faro da escola, creatividade.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario